Estás en: Inicio > Gato Pirata > Viveiro, vila amiga dos animais? vai ser que non

Viveiro, vila amiga dos animais? vai ser que non

A asociación Gato Pirata constituíuse hai tres anos, co fin de dar visibilidade ás accións de conciencia da cidadanía sobre dereito animal e para dar voz á nova esixencia social. A cidadanía atópase nunha situación de violación dos seus dereitos, pois a pesar de que a lei de protección animal autonómica é de 1993 e establece as competencias obrigatorias para os concellos unha gran maioría non a cumpren, como é o caso de Viveiro, situación denunciada na Xunta e pendente de resolución. Esta neglixencia levou a este concello mesmo á perda dunha subvención de 60.000 euros, os cales fóronlles prorrogados ano a ano e durante un período de cinco, recordemos que así o informou aos medios un concelleiro do PP. Como vemos, máis neglixencia e desleixo, imposible.

Se unha familia perde un animal ao seu cargo e non hai un plan de asistencia como marca a lei, esas persoas non teñen onde recorrer, e viólanse os seus dereitos. Pasar as vacacións con animais nun sitio como Viveiro no que non hai plan asistencial animal, é un risco.

 

A desatención reiterada por parte dos municipios ás obrigas desta lei supón un agravio para toda a sociedade, xa non é só unha cuestión de benestar animal ou maltrato animal, senón de desatención á saúde pública, á biodiversidade… neglixencia que supón unha gran perda de diñeiro, recordemos que as macro canceiras das deputacións onde os animais son amoreados e mal atendido xeran un alto custo e son pagadas co diñeiro do contribuínte.

A lei tamén establece que as administracións locais están obrigadas a facer campañas de divulgación e concienciación, e é moi significativa a desinformación que ten a cidadanía neste campo, tanto no que se refire ás súas obrigas e dereitos coma con respecto ás obrigas que teñen as administracións con eles. Así vemos que cando hai unha situación de conflito a cidadanía non sabe a onde dirixirse nin que facer.

Se o responsable dun animal o perde polo motivo que sexa está obrigado a dar parte á administración local, e se alguén o encontra debe facer o mesmo e os concellos teñen obriga de levar un rexistro ao día para cumprir co protocolo legal, así como de dispoñer das instalacións necesarias para o aloxamento dos animais e nas condicións que estipula a Xunta. En moitos casos ao non cumprir o municipio coa lexislación, son os propios cidadáns os que acollen o animal encontrado, o cal non exime da obriga de dar parte a administración local.

Gato Pirata dá asistencia nestes casos, informando a xente de cales son os pasos a seguir e axudándolles no trámite administrativo de rexistro, ofrecendo a atención primaria grazas ás achegas económicas de socios e o apoio e axuda da Clínica A Marosa e promovendo a busca de casas de acollida voluntaria. As casas de acollida son temporais, á espera de que alguén acredite ser dono lexítimo e responsabilícese do animal nas condicións que a lei estipula, se transcorridos vinte días o animal non é reclamado por quen acredite ser o seu propietario, pódese poñer en adopción. Recordemos que hai unha significativa diferenza entre casa de acollida e casa de adopción.

Gato Pirata ofrece este “servizo” como voluntariado, posto que non somos ningún organismo, senón unha asociación sen ánimo de lucro, que non cobra subvención ningunha e formada por persoas particulares. Deixamos claro que a nosa axuda e asesoramento non nos dá potestade ningunha para pronunciarnos publicamente en ningún sentido. Nós non podemos facilitar nin publicar os datos de quen solicitase nosa axuda máis alá de dar parte á administración pública, o contrario sería abuso e violación da lei de protección de datos. Queremos sinalar de forma contundente que nós non temos autoridade ningunha para quitar nin dar un animal a ninguén, pero como cidadáns e contribuíntes temos todo o dereito a esixir que se cumpran as leis e a denunciar as irregularidades cando o consideremos pertinente e en función da disposición do noso tempo, xa que este non é o noso traballo senón unha dedicación voluntaria.

O medio para informarse dun can extraviado e localizar quen o teña en custodia é o mesmo para todo o mundo, achegarse á administración local, e acreditando ser un posuidor lexítimo solicitar ver o rexistro de partes coincidentes coa súa busca.

 Casas de acogida Gato Pirata

ANEXO SOBRE A PERDA DA SUBVENCIÓN POSTA DE MANIFESTO EN PRENSA POLO PP

Por unha banda moi ben, a crítica que o PP fai da xestión do inexistente plan asistencial municipal de animais. Só un apunte, a un punto gordo, a lei que obriga aos municipios a ese plan é do 1993, vixente e de obrigado cumprimento dende o día despois da súa publicación. Así que se van a facer crítica e se mostran colaboradores para a execución da obra en condicións, a autocrítica é tamén importante, e na crónica que detallan neste artigo, comezan no 2006, nove anos aló da aprobación da lei, é do 1993 ao 2006 que aconteceu??? Estar dispostos a subsanar o mal feito, parabéns, pero sen eludir responsabilidades.

Enlace ao artigo:

O PP de Viveiro pensa que “o centro de recollida para animais podería estar feito en condicións fai tempo”

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Twitter
  • RSS

Deja un comentario